Prezadas nais e pais do Concello de Moraña:
Dende o Concello estamos xestionando unha Escola de nais e pais co obxetivo de apoiar as familias na difícil tarefa de educar. Os fillos cambian e tamén os tempos e é importante adaptar as nosas estratexias para que o noso traballo como nais e pais sexa efectivo. Hoxe os pequenos da casa chegan antes á adolescencia e temos que estar preparados porque é una etapa dura non só para eles senón para nós. Necesitamos falar destes problemas para aproveitar a experiencia dos profesionais e tamén doutras nais e pais e así adiantarnos aos problemas e resolvelos con solucións axeitadas. Tamén é importante lembrar que non estamos sós nestas complexas etapas do crecemento dos fillos, só temos que aceptar as axudas e estar dispostos a aprender entre todos.
Na escola de nais e pais falamos da comunicación cos fillos/as, das estratexias para afrontar os problemas, da importancia das normas, dos síntomas cando as cousas non están ben, dos perigos do fracaso escolar, das nosas emocións e das emocións dos menores, da importancia da unión da parella fronte ás dificultades e moitas cousas máis. A proposta está aberta a todos e todas, tedes as datas e horarios dos encontros no reverso, esperámosvos.
Un saúdo
A alcaldesa
DATAS E HORARIOS
Para calquer consulta chama ao Concello. 986 553005
Actividade finaciada pola Deputación de Pontevedra
Pódese descargar esta carta en pdf aquí: Escola carta
Pódese descargar o cartel desta actividade aquí: cartel-escola-nais-pais
Pódese descargar o folleto desta actividade aquí: Folleto nais-pais
Síguenos nas Redes Sociais