Buscar...

Etapa Nocturna da Epic Race

Compartir

MORAÑA VOLVE ACOLLER UNHA ETAPA NOCTURNA DA EPIC RACE ESTA FIN DE SEMANA

O Concello de Moraña vai acoller esta fin de semana unha etapa nocturna da prestixiosa Epic Race Pontevedra, unha proba ciclista extrema que conta con máis de 200 participantes e que percorrerá 300 quilómetros da nosa provincia en 28 horas.

Moraña será a meta da sexta e penúltima etapa xa que os deportistas chegarán ao noso concello pola PO-221 ata alcanzar as rúas 1 e 5 tras percorrer 39 quilómetros dende Portas. Así mesmo, daremos a saída ao derradeiro traxecto da competición cara Pontevedra polas Pontellas e Cosoirado. Os ciclistas pasarán polo noso concello de xeito espaciado dende as 21.30 horas de mañá, sábado 12, e durante toda a noite.

Deste xeito, dende o Concello infórmase de que, aínda que a proba será de tráfico aberto, haberá que extremar a prudencia pola presenza de ciclistas na estrada e convídase a asistir para animar aos participantes e gozar desta importante competición.

Accesibilidade