Buscar...

Exposición pública e cobranza en voluntaria das taxas e prezos públicos por Auga +8% IVE, Recollida do Lixo e Sumidoiros do 2011i

Compartir

Aprobados pola Dirección deste Organismo Autónomo os Padróns aniba indicados, poranse ó dispor do público no Concello de MORAÑA, desde ó día 31. de xullo de 2011 ao 31 de agosto de 2012, ámbolos dous inclusive (art. 86.2 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do RXAP e PAC), podendo os interesados, durante dito prazo, examina-los mesmos e presentaren recurso de reposición perante a Dirección do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra no prazo dun mes a contar desde o 01 de setembro de 2012 (art. 14.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais).
De conformidade co previsto no art. 12 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, en relación cos artigos 24 e 25 do Regulamento Xeral de Recadación, R.D. 939/2005 do 29 de xullo de 2005, comunícaselles ós contribuíntes afectados que o periodo voluntario de cobranza das Taxas indicadas, para o Concello de MORAÑA, será do día 31 de xullo de 2012 ao 1 de outubro de 2012, ámbalas dúas datas inclusive. Tendo en conta que o prazo límite de ingreso será o día 01 de outulbro de 2012 no horario de caixa de cada entidade bancaria colaboradora (art. 19.3 do Regulamento Xeral de Recadación, R.D. 93912005).
As Taxas deberán satisfacerse, consonte co artigo 23 e seguintes do Regulamento Xeral de Recadación (R.D. 93912005), a través de calquera entidade bancaria ou na caixa dos Servizos Centrais do ORAL, empregando os instrumentos de ingreso (recibos) que se enviarán ó domicilio declarado do contribuínte por correo ordinario. No caso de perda do devandito instrumento, o obrigado ó pagamento poderá, ata o día 01 de outubro de 2012, obter un duplicado na Oficina Periférica da Estradla (Av. Benito Vigo, 47 baixo, 36680 – A Estradla. telf. 986 57 02 62), nos Servizos Centrais (Avd. de Marín, 9 – 36071 – Pontevedra. Tlf.- 986 85 99 93) ou na Oficina Periférica máis próxima o seu domicilio.
Os contribuíntes que a15 de setemlbro de 2012 non tivesen recibido nos seus domicilios os instrumentos de ingreso disporán de prazo ata o 1 de outobro de 2012 para os solicitar na oficina indicada e efectua-lo pagamento nas entidades bancarias ou nos Servizos Centrais, posto que a non recepción non exonera da obriga do pagamento e non impide a utilización da vía de prema.
O presente anuncio ten carácter de notificación colectiva ó abeiro do art. 102 da Lei 5812003, 17 de decembro, Xeral Tributaria.
O vencemento do prazo en período voluntario, sen ter sido satisfeita a débeda, determinará o comezo do procedemento executivo, a percepción da recarga correspondente e demais conceptos esixibles tal e como se fixan nos arts. 26, 28 e 161 da Lei 58/2003 Xeral Tributaria.
Pontevedra, 5 de xullo de 2012
Asdo. Miguel Ángel Santirso Fernández
Pódese descargar este bando aquí: 20120723142038362

Seguinte

Accesibilidade