• O proxecto esta promovido polos concellos de Moraña, Portas e Valga.
• Inagurouse esta mañá coa participación dos alcaldes de Moraña, Portas e Valga, o delegado da Xunta en Pontevedra, o xefe terrioral, equipo directivo e docente, e alumnos e alumnas do obradoiro
O concello de Moraña inagura o obradoiro dual de emprego Ulla Umia: Moraña, Portas e Valga. O obradoiro ten unha duración de nove meses, e permitirá que unha vintena de alumnos e alumnas se formen nos oficios de forestais e albanelería, convinando unha aprendizaxe con traballo efectivo nas obras.
O alcalde, Sito Gómez, deulle a benvida a todo o alumnado e equipo directivo e docente e pediulles compromiso e implicación para poder levar a cabo o proxecto con éxito. Animounos a aproveitar esta formación que lles axudará a abrir as portas no mercado laboral.
A consellería de emprego financia este proxecto formativo cunha achega de preto de 500.000 € en formación teórico práctica. Máis alá da formación nas aulas realizaran labores de mantemento, acondicionamentos e podas en forestais, e elaboración de mobiliario, pavimentos, cubertas e mantementos en carpintería nos tres concellos.
A directora do obradoiro, Ma Carmen Vidal, tamén lle pediu aos seus alumnos “implicación e entusiasmo” coa que o equipo directivo e docente afronta este proxecto.
Síguenos nas Redes Sociais