Buscar...

La Carrera que nunca para

Compartir

O CONCELLO DE MORAÑA COLABORA CON “LA CARRERA QUE NUNCA PARA” A FAVOR DA ASOCIACIÓN GALLEGA DE TRANSPLANTADOS DE MÉDULA ÓSEA

O CONCELLO DE MORAÑA COLABORA CON “LA CARRERA QUE NUNCA PARA” A FAVOR DA ASOCIACIÓN GALLEGA DE TRANSPLANTADOS DE MÉDULA ÓSEA

O Concello de Moraña é un dos colaboradores da iniciativa solidaria “La Carrera que Nunca Para”, promovida pola Asociación Gallega de Transplantados de Médula Ósea (Asotrame) e que se desenvolverá dende mañá, venres 11, e ata o 27 do presente mes.

Esta actividade, que conta con roteiros de cinco quilómetros por toda a comunidade, ten aberta a inscrición durante todo o mes na web www.lacarreraquenuncapara.com e os seus fins pasan por difundir e sensibilizar sobre a importancia das doazóns de médula ósea e recadar fondos para programas de persoas que padecen diagnósticos oncohematolóxicos.

O roteiro ou roteiros escollidos polos participantes deben ser realizados nos vindeiros 16 días andando ou correndo cumprindo coas demais directrices da iniciativa e hai oito percorridos dispoñibles en toda Galicia, entre os que se atopa un no noso Concello.

Animádevos e participade!

Seguinte

Accesibilidade