Buscar...

Listaxe Definitiva de Agarda da Escola Infantil de Moraña

Compartir

RESOLUCIÓN DA XERENCIA DO CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR POLA QUE SE FAI PÚBLICA A LISTAXE DEFINITIVA DE AGARDA DA ESCOLA INFANTIL DE MORAÑA PARA O CURSO 2011-2012.
O Consello escolar da Escola Infantil de Moraña na súa sesión do 11.01.2012 efectuou a proposta inicial de selección das persoas usuarias do dito centro para o curso 2011-2012
A Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar ten a competencia para ditar a resolución que da publicidade á dita listaxe, de conformidade co previsto no artigo 18 do Regulamento de Réxime Interior das Escolas Infantís integradas na Rede de Escolas Infantís de Galicia, xestionadas polo Consorcio.
En atención ao exposto,
RESOLVO
1. Facer pública a listaxe definitiva de agarda da Escola Infantil de Moraña para o curso escolar 2011-2012, por tramos de idade e orde de puntuación, segundo o anexo I desta resolución.
Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2012
Roberto Rodríguez Martínez Xerente
Podes consultar a listaxe completa no seguinte vínculo: Listas_definitivas_Moranha.pdf

Accesibilidade