Buscar...

LISTAXE DEFINITIVA DE PERSOAS ADMITIDAS E DE AGARDA DA ESCOLA INFANTIL DE MORAÑA PARA O CURSO 2012-2013.

Compartir

RESOLUCIÓN DA XERENCIA DO CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE
IGUALDADE E BENESTAR POLA QUE SE FAI PÚBLICA A LISTAXE DEFINITIVA DE
PERSOAS ADMITIDAS E DE AGARDA DA ESCOLA INFANTIL DE MORAÑA PARA O
CURSO 2012-2013.
A Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar ten a competencia
para ditar a resolución que da publicidade á dita listaxe, de conformidade co previsto no
artigo 20 do Regulamento de Réxime Interior das Escolas Infantís integradas na Rede de
Escolas Infantís de Galicia, xestionadas polo Consorcio.
En atención ao exposto,
RESOLVO
1. Facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e de agarda da Escola Infantil de
Moraña para o curso escolar 2012-2013, por tramos de idade e orde de puntuación,
segundo o anexo I desta resolución.
2. Establecer o prazo de matrícula do 9 ao 11 de outubro ambos os dous incluídos . A
matrícula pode formalizarse na escola infantil de Moraña en horario de 10.30 a 11.30 horas
pola mañá e de 15.15 a 16.30 horas pola tarde.
De non formalizarse a matrícula nas datas sinaladas, enténdese que renuncia á praza.
Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2012.
Roberto Rodríguez Martínez
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
Pódese consultar a listaxe no seguinte vínculo: Listaxe_definitiva_Moranha

Seguinte

Accesibilidade