Buscar...

Listaxe Definitiva de Persoas Admitidas e de Agarda da Escola Infantil de Moraña para o curso 2013-2014

Compartir

RESOLUCIÓN DA XERENCIA DO CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR POLA QUE SE FAI PÚBLICA A LISTAXE DEFINITIVA DE PERSOAS ADMITIDAS E DE AGARDA DA ESCOLA INFANTIL DE MORAÑA PARA O CURSO 2013-2014.
A Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar ten a competencia para ditar a resolución que da publicidade á dita listaxe, de conformidade co previsto no artigo 18 do Regulamento de réxime interior das Escolas Infantís integradas na Rede de Escolas Infantís de Galicia xestionadas polo Consorcio.
En atención ao exposto,
RESOLVO

  1. Facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e de agarda da Escola Infantil de Moraña para o curso escolar 2013-2014, por tramos de idade e orde de puntuación segundo o anexo I desta resolución.
  2. Establecer o prazo de matrícula do 21 ao 28 de xaneiro de 2014 ambos os dous incluídos.

A matrícula formalizarase na Escola Infantil de Moraña en horario de 11:30 horas a 13:30 horas e de de 15:30 horas a 17:30 horas.
De non formalizarse a matrícula nas datas sinaladas ou non se presentase toda a documentación requirida, decaerá o dereito á praza obtida, segundo establece o artigo 19.4 do dito Regulamento.
Santiago de Compostela, a 20 de xaneiro de 2014
 
Roberto Rodríguez Martínez
Xerente do Consorcio Galego deServizos de Igualdade e Benestar
 
Pódese descargar a listaxe no seguínte vínculo: Lista_definitiva_Moranha

Seguinte

Accesibilidade