Buscar...

Listaxe provisional de persoas admitidas e de agarda da Escola Infantil de Moraña para o curso 2011-2012

Compartir

RESOLUCIÓN DA XERENCIA DO CONSORCIO GAlEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR POLA QUE SE FAI PÚBLICA A LISTAXE PROVISIONAL DE PERSOAS ADMITIDAS E DE AGARDA DA ESCOLA INFANTIl DE MORAÑA PARA O CURSO 2011-2012.
O Consello escolar da Escola Infantil de Moraña na súa sesión de 07.09.2011 efectuou a proposta inicial de selección das persoas usuarias do dito centro para o curso 2011-2012.
A Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar ten a competencia para ditar a resolución que da publicidade á dita Iistaxe, de conformidade co previsto no artigo 18 do Regulamento de Réxime Interior das Escolas Infantís integradas na Rede de Escolas Infantís de Galicia, xestionadas polo Consorcio.
En atención ao exposto,
RESOLVO
1. Facer pública a Iistaxe provisional de persoas admitidas e de agarda da Escola Infantil de Moraña para o curso escolar 2011-2012, por tramos de idade e orde de puntuación, segundo o anexo I desta resolución.
2. Establecer a apertura do prazo de reclamacións de 10 días hábiles a partir do seguinte ao da publicación desta Iistaxe no taboleiro de anuncios da escola infantil de Moraña; na páxina web e no taboleiro de anuncios do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Todo isto de conformidade co previsto no artigo 18 do Regulamento de réxime interior de Escolas Infantís.
As reclamacións poderanse presentar ata o día 26 de setembro na escola infantil en horario de 10.30 a 11.30 e de 15.00 16.30 h.
3. O Con sello escolar examinará as reclamacións presentadas, e fará a pro posta de resolución á Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Rematado este trámite, publicarase a Iistaxe definitiva de persoas usuarias admitidas e a Iistaxe de agarda por rigoroso orde de puntuación.
Santiago de Compostela, a 14 de setembro de 2011
Roberto Rodríguez Martínez Xerente
Podes consultar a listaxe completa no seguinte vínculo: Lista provisional Moraña

Accesibilidade