Buscar...

Listaxe Provisional de Personas Admitidas e de Agarda da Escola Infantil de Moraña para o Curso 2014-2015

Compartir

RESOLUCIÓN DA XERENCIA DO CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR POLA QUE SE FAI PÚBLICA A LISTAXE PROVISIONAL DE PERSOAS ADMITIDAS E DE AGARDA DA ESCOLA INFANTIL DE MORAÑA PARA O CURSO 2014-2015. O Consello Escolar da Escola Infantil de Moraña na súa sesión de 14-04-2014 efectuou a proposta inicial de selección das persoas usuarias do dito centro para o curso 2014-2015. A Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar ten a competencia para ditar a resolución que da publicidade á dita listaxe, de conformidade co previsto no artigo 18 do Regulamento de réxime interior das Escolas Infantís integradas na Rede de Escolas Infantís de Galicia xestionadas polo Consorcio. En atención ao exposto, RESOLVO

  1. Facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e de agarda da Escola Infantil de Moraña para o curso escolar 2014 -2015, por tramos de idade e orde de puntuación, segundo o anexo I desta resolución.
  2. Establecer a apertura do prazo de reclamacións de 10 días naturais a partir do seguinte ao da publicación destas listaxes no taboleiro de anuncios da Escola Infantil de Moraña, nas páxinas www.igualdadebenestar.org e www.escolasinfantisdegalicia.es e no taboleiro de anuncios do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, de conformidade co previsto no artigo 18 anteriormente citado. As reclamacións poderanse presentar desde o día 3 de maio ao 12 de maio inclusive na Escola Infantil en horario de mañá de 11:30 horas a 13:30 horas e de 15:30 horas a 17:30 horas.
  3. O Consello Escolar examinará as reclamacións presentadas, e fará a proposta de resolución á Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Rematado este trámite, publicarase a listaxe definitiva de persoas usuarias admitidas e a listaxe de agarda confeccionadas por rigoroso orde de puntuación.

 

Santiago de Compostela, a 2 de maio de 2014

Roberto Rodríguez Martínez Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

PÓDESE DESCARGAR A LISTAXE NO SEGUINTE VÍNCULO: Lista_provisional_Moranha

Accesibilidade