Buscar...

Listaxe Provisional de Persoas Admitidas e de Agarda da Escola Infantil de Moraña para o Curso 2012-2013

Compartir

RESOLUCIÓN DA XERENCIA DO CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR POLA QUE SE FAI PÚBLICA A LISTAXE PROVISIONAL DE PERSOAS ADMITIDAS E DE AGARDA DA ESCOLA INFANTIl DE MORAÑA PARA O CURSO 2012-2013.
O Consello Escolar da Escola Infantil de Moraña na súa sesión de 11.09.2012 efectuou a proposta inicial de selección das persoas usuarias do dito centro para o curso 2012 – 2013.
A Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar ten a competencia para ditar a resolución que da publicidade á dita Iistaxe, de conformidade co previsto no artigo 20 do Regulamento de réxime interior das Escolas Infantís integradas na Rede de Escolas Infantís de Galicia xestionadas polo Consorcio.
En atención ao exposto,
RESOLVO
1. Facer pública a Iistaxe provisional de persoas admitidas e de agarda da Escola Infantil de Moraña para o curso escolar 2012 – 2013, por tramos de idade e orde de puntuación, segundo o anexo I desta resolución.
2. Establecer a apertura do prazo de reclamacións de 10 días naturais a partir do seguinte ao da publicación destas Iistaxes no taboleiro de anuncios da Escola Infantil de Moraña, nas páxinas www.igualdadebenestar.org e www.escolasinfantis.net e no taboleiro de anuncios do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, de conformidade co previsto no artigo 20 anteriormente citado.
As reclamacións poderanse presentar ata o día 30 de setembro inclusive na Escola Infantil en horario de mañá de 10.30 a 11.30 horas e de tarde de 15.15 a 16.30 horas.
3. O Con sello Escolar examinará as reclamacións presentadas, e fará a proposta de resolución á Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Rematado este trámite, publicarase a Iistaxe definitiva de persoas usuarias admitidas e a Iistaxe de agarda confeccionadas por rigoroso orde de puntuación.
Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2012
Roberto Rodríguez Martínez Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
Pódese descargar a listaxe no seguinte vínculo: Listaxe_provisional_Moranha

Accesibilidade