Buscar...

Listaxes definitivas de admitidos e excluídos da Escola Infantil tralo baremo extraordinario de decembro

Compartir

RESOLUCIÓN DA XERENCIA DO CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR POLA QUE SE FAI PÚBLICA A LISTAXE DEFINITIVA DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS DA ESCOLA INFANTil DE MORAÑA PARA O CURSO 2012-2013.
A Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar ten a competencia para ditar a resolución que da publicidade á dita Iistaxe, de conformidade co previsto no artigo 18 do Regulamento de Réxime Interior das Escolas Infantís integradas na Rede de Escolas Infantís de Galicia, xestionadas polo Consorcio.
En atención ao exposto,
RESOLVO
Facer pública a Iistaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas da Escola Infantil de Moraña para o curso escolar 2012-2013, por tramos de idade e orde de puntuación, segundo o anexo I desta resolución.
Establecer a apertura do prazo de matrícula do 16 ao 18 de xaneiro ambos os dous incluídos. A matrícula pode formalizarse na escola infantil de Moraña en horario de 10.30 a 11.30 e de 15.30 a 16.30 horas.
De non formalizarse a matrícula nas datas sinaladas enténdese que renuncia á praza.
Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2013.
Roberto Rodríguez Martínez Xerente
Pódese descargar esta listaxe no seguinte vínculo: lista_definitiva_Moranha

Seguinte

Accesibilidade