Buscar...

Listaxes provisionais de admitidos e de agarda para o curso 2015/2016 na Escola Infantil de Moraña

Compartir

RESOLUCIÓN DA XERENCIA DO CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR POLA QUE SE FAI PÚBLICA A LISTAXE PROVISIONAL DE PERSOAS ADMITIDAS E DE AGARDA DA ESCOLA INFANTIL MORAÑA PARA O CURSO 2015 – 2016

O Consello Escolar da Escola Infantil Moraña na súa sesión de 22.04.2015 efectuou a proposta inicial de selección das persoas usuarias do dito centro para o curso 2015 – 2016, de conformidade co previsto no artigo 7.C) Regulamento de réxime interior das Escolas Infantís integradas na Rede de Escolas Infantís de Galicia xestionadas polo Consorcio.
A Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar ten a competencia para ditar a resolución que dá publicidade á dita listaxe, de conformidade co previsto no artigo 18 do Regulamento de réxime interior das Escolas Infantís integradas na Rede de
Escolas Infantís de Galicia xestionadas polo Consorcio.
En atención ao exposto, RESOLVO
 

  1. Facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e de agarda da Escola Infantil Moraña para o curso escolar 2015 – 2016, por tramos de idade e orde de puntuación, segundo o anexo I desta resolución.
  2. Establecer a apertura do prazo de reclamacións de 10 días naturais a partir do seguinte ao da publicación destas listaxes no taboleiro de anuncios da Escola Infantil Moraña, nas páxinas www.igualdadebenestar.org e www.escolasinfantisdegalicia.es e no taboleiro de anuncios do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, de conformidade co previsto no artigo 18 anteriormente citado. As reclamacións poderanse presentar desde o día 6 de maio ao 15 de maio, ambos os dous incluídos, na escola infantil en horario de 10:00 a 12:00 horas e de 15:00 a 16:00 horas.
  3. O Consello Escolar examinará as reclamacións presentadas, que se entenderán resoltas coa publicación das listaxes definitivas, e fará a proposta de resolución á Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Rematado este trámite, publicarase a listaxe definitiva de persoas usuarias admitidas e a listaxe de persoas en agarda confeccionada por rigoroso orde de puntuación.

Santiago de Compostela, a 5 de maio de 2015
Roberto Rodríguez Martínez
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
 
PÓDESE DESCARGAR A LISTAXE NO SEGUINTE VÍNCULO: Lista_provisional_Moranha

Accesibilidade