RESOLUCIÓN DA XERENCIA DO CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR POLA QUE SE FAI PÚBLICA A LISTAXE PROVISIONAL DE PERSOAS ADMITIDAS, DE AGARDA E EXCLUIDAS DA ESCOlA INFANTIl DE MORAÑA PARA O CURSO 2011-2012.
O Consello Escolar da Escola Infantil de Moraña na súa sesión de 18. 05. 2011 efectuou a proposta inicial de selección das persoas usuarias do dito centro para o curso 2011-2012.
A Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar ten a competencia para ditar a resolución que da publicidade á dita Iistaxe, de conformidade co previsto no artigo 18 do Regulamento de Réxime Interior das Escolas Infantís integradas na Rede de Escolas Infantís de Galicia, xestionadas polo Consorcio.
En atención ao exposto,
RESOLVO
1. Facer pública a Iistaxe provisional de persoas admitidas, de agarda e excluídas da Escola Infantil de Moraña para o curso escolar 2011-2012, por tramos de idade e orde de puntuación, segundo o anexo I desta resolución.
2. Establecer a apertura do prazo de reclamacións de 10 días hábiles a partir do seguinte ao da publicación destas Iistaxes no taboleiro de anuncios da Escola Infantil de Moraña, na páxina web e no taboleiro de anuncios do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Todo isto de conformidade co previsto no artigo 18 do Regulamento de réxime interior de Escolas Infantís.
As reclamacións poderanse presentar ata o día 21 de xuño na Escola Infantil en horario de 10.30 a 12 h e de 15 a 16.30 h.
3. O Con sello Escolar examinará as reclamacións presentadas, e fará a proposta de resolución á Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Rematado este trámite, publicarase a Iistaxe definitiva de persoas usuarias admitidas, de agarda e excluídas, por rigoroso orde de puntuación.
Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2011.
Roberto Rodríguez Martínez Xerente
Descarga a listaxe neste vínculo:Listas Provisionais Moraña
Síguenos nas Redes Sociais