Buscar...

Aprazamento do Magosto

Compartir

O CONCELLO DE MORAÑA APRAZA UNHA SEMANA O MAGOSTO DE MAÑÁ POLA ALERTA LARANXA

O Concello de Moraña decidiu aprazar o Magosto programado para mañá, venres 9, ao serán, xa que, tras contactar con Meteogalicia, advertiuse de que a provincia estará en Alerta Laranxa por fortes ventos e choivas durante os vindeiros días. Deste xeito, optouse por suspender todas as actividades municipais ao aire libre durante estes días e ademais considerábase que esta adversa climatoloxía non permitiría gozar plenamente desta xuntanza veciñal.

En calquera caso, e se non hai novidade, o Magosto organizado polo Concello adiarase exactamente unha semana e terá lugar o vindeiro venres 16 de novembro co mesmo horario e emprazamento, é dicir, ás 20.30 horas na Carballeira de Santa Lucía.

Seguinte

Accesibilidade