Buscar...

Magosto e Adorno de Calacús

Compartir

O vindeiro 9 de novembro na explanada detrás da praza terá lugar o magosto e o obradoiro de adorno de calacús.
Ás 19:00h. comezaremos co baleirado dos calacús. Haberá agasallos para todos os nenos e nenas que traian cabaza.
A partir das 20:00h. repartiremos castañas asadas para todos. Tamén teremos música co Serán Magosteiro organizado polas asociacións Chinguilipé e O Arrieiro.
Podedes descargar o cartel do Magosto aquí: CARTEL MAGOSTO

Accesibilidade