Buscar...

Matrícula na Escola de Música

Compartir

DONA Mª LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MORAÑA.
FAI SABER:
Que o Concello de Moraña abre o prazo de matrícula para o curso 2011-2012 da Escola de Música Municipal de Moraña.
A matrícula deberá facerse no concello en horario de 9 a 15 horas.
O prezo será o seguinte:
Matrícula por curso escolar: 50 Euros.
Mensualidades para os nenos e nenas de Música e Movemento: 20 Euros.
Mensualidades para os nenos e nenas de Instrumento: 40 Euros.
PRAZO PARA MATRICULARSE: ata o día 15 de xullo.
Para máis información poden dirixirse á Biblioteca Municipal ou chamar ó teléfono 986 55 28 09.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Moraña, 21 de xuño de 2011
A ALCALDESA
Mª LUISA PIÑEIRO ARCOS
Podes descargar o impreso de matrícula aquí: matricula-escola-musica

Seguinte

Accesibilidade