O Concello de Moraña xa ten en marcha todo o operativo de organización da 50ª Festa do Carneiro ao Espeto e vén de comezar coa labor de promoción desta edición coa presentación dun logo conmemorativo das súas vodas de ouro. Este deseño especial, que acompañará toda a imaxe corporativa deste ano, foi dado a coñecer esta mañá pola alcaldesa, Luisa Piñeiro, que explicou que se trata dunha icona “coa que pretendemos poñer en valor a lonxevidade desta nosa gran festa”.
Ademais, o plan de difusión deste certame gastronómico, declarado de interese turístico e un dos máis importantes de Galicia no eido culinario, proseguirá esta mesma semana coa súa presenza, a través dun stand, en Festur, que se desenvolverá no marco da Semana Verde de Galicia. “Estaremos presentes de xoves a domingo dando a coñecer o Carneiro ao Espeto e ofreceremos unha degustación gratuíta o derradeiro día en dobre quenda de mañá e tarde”, explicou a rexedora. O posto estará atendido por persoal municipal, verase reforzado coa presenza da alcaldesa e de membros do goberno e contará coa participación do mestre asador Suso O Muiñeiro para preparar os petiscos de carneiro.
A continuación, e tamén nos vindeiros días, está previsto que se falle o concurso para a elección do cartel deste ano, que conta coas categorías de adultos e infantil, e que se dea a coñecer toda a programación desta edición especial, que arrancará algunhas semanas antes cos tradicionais concursos de tapas e actividades deportivas, entre outras. Tamén está previsto que, a mediados deste mes, se abra o prazo de reserva de lotes para o xantar popular, fixado para o día grande da festa, que nesta ocasión será o domingo 28 de xullo.
Finalmente, tamén se comezará a traballar, co gallo da edición deste ano, na elaboración do expediente de Festa de Interese Turístico Nacional, “unha categoría que creo que a nosa cita ten ben merecida por prestixio e recoñecemento, pero cuxa consecución será a medio prazo pola abondosa documentación
Síguenos nas Redes Sociais