Buscar...

Nota Informativa sobre o Programa de Prevención e Redución do Abandono Escolar 2013

Compartir

O Concello de Moraña vai levar a cabo un PROGRAMA DE PREVENCIÓN E REDUCIÓN DO ABANDONO ESCOLAR, dirixido ó alumnado de 3º e 4º ESO que presente carencias educativas nas materias instrumentais e ensino das diferentes técnicas de estudo co obxectivo de superalas na convocatoria de setembro.
Este programa realizarase dende o 25 de xuño ata o 20 de setembro. As actividades serán totalmente gratuítas. As sesións impartiranse na Escola do Buelo, cun máximo de 25 participantes en cada unha delas, os cales serán seleccionados por rigorosa orde de inscrición.
A inscrición farase nas oficinas municipais ou chamando ao teléfono do Concello de Moraña (986 55 30 05), de luns a venres, en horario de 9:00 a 15:00 horas.
Poderase consultar o programa das actividades durante este período na páxina web do Concello de Moraña: www.morana.org
Pódese descargar o bando acerca desta actividade aquí:bando-abandono-escolar
Pódese descargar o cartel desta actividade aquí:

Accesibilidade