Buscar...

O alumnado de albanelería do obradoiro realizan visita formativa ás instalacións da fundación laboral da construción

Compartir

Os alumnos de albanelería do Obradoiro de Emprego Xóvenes Moraña – Valga visitan a Fundación Laboral da Contrucción.

O alumando de albanelería do obradoiro de Xovenes Moraña – Valga, acompañados pola directora e participaron no día de hoxe nunha visita formativa á Fundación Laboral da Construcion de Galicia en Santiago.

Ali fomos recepcionados por orientadora laboral e técnico de emprego e da fundación. Primeiro guiárannos polas instalacións da fundación unha antiga curtiduría de Pontepedriña de Arriba, nas marxes do Sarela, que foi rehabilitada completamente. Fóronnos explicando a rehabilitación na cal conservaron a tipoloxía constructiva da zona adaptando as instalacións que eles empregan.

Asemade estivemos nun taller no cal estaba realizando formación en albanelería alumnos que teñen un contrato de formación e aprendizaxe e un día a semana reciben formación nas dependencias de Fundación Laboral.

O finalizar a visita tivemos unha xornada de orientación cos técnicos, na cal explicaron as actividades formativas que esta entidade leva a cabo dende a súa fundación , amosaba ás técnicas máis vangardistas que se empregan neste sector. Tamén informaron sobre a bolsa de emprego que xestionan e na que se tramitan moitas ofertas relacionadas coa construción.

Dende a dirección do obradoiro conxuntamente cos concellos de Moraña e Valga estase a traballar na futura inserción laboral do alumnado, realizando así contactos con diversas empresas.

O obradoiro está cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus no marco do programa FSE + Galicia 2021-2027 que iniciou o pasado dous de outubro e no que participan 16 mozos e mozas pertencente ós concellos de Moraña e Valga, e que conta con 8 alumnos da especialidade de albanelería e 8 de forestais

Accesibilidade