Buscar...

O OBRADOIRO DE EMPREGO “XÓVENES” FORMA AO SEU ALUMNADO EN SENSIBILIZACIÓN AMBIENTAL

Compartir

O alumnado do Obradoiro de Emprego “Xovenes” asistiu no últimos días a un módulo sobre Sensibilización Ambiental como parte da formación complementaria aos oficios que van a aprender durante os doce meses de duración do proxecto formativo: os de albanelería e forestal.

O módulo ten unha duración de nove horas e foi impartido polo experto docente da especialidade de forestais, Manuel Fernández. O obxectivo é introducir aos alumnos no coñecemento dos principais problemas medioambientais, tanto a nivel xeral como no ámbito laboral, e a súa aplicación nas especialidades de albanelería e forestais a través do desenvolvemento de boas prácticas ambientais.

Durante as sesións fíxose especial fincapé en asuntos como a contaminación, os vertidos, o tratamento de residuos, a compostaxe, o desenvolvemento sostible, a deforestación e a desertización, entre outros. Os participantes tamén realizaron prácticas de detección dos principais problemas medioambientais aplicados ás especialidades formativas do obradoiro.

O Obradoiro de Emprego “Xóvenes”, promovido polos Concellos de Valga e Moraña e financiado pola Consellería de Emprego, deu comezo o pasado 16 de novembro e nel participan 16 mozos de entre 18 e 30 anos. Ademais da formación teórica, os realizarán prácticas consistentes en obras de interese público.

Seguinte

Accesibilidade