Buscar...

O Obradoiro De Emprego Xóvenes Moraña Valga II Clausurase E Remata Con Seis Alumnos Insertados No Mercado Laboral

Compartir

Os alcaldes de Moraña Valga e e o delegado da Xunta participaron esta mañá no acto de peche do proxecto

Moraña, Valga e Portas, xa contan con outros dous obradoiros aprobados para formar a 36 desempregados.

O Obradoiro de Emprego Xóvenes II, que dende outubro de 2023 veñen desenvolvendo os concellos de Moraña e Valga acaban de clausurar c esta mañá nun acto ao que asistiu o delegado da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, e o director territorial de Emprego, José A. Rodríguez. Estiveron acompañados polos dous alcaldes, José Luis Gómez e José María Bello Maneiro e, e pola directora do Obradoiro, Mª del Carmen Vidal.

O proxecto Xóvenes II ofreceu formación teórica e práctica de albanelería e forestais a un total de dezaseis alumnos de ata 30 anos de idade que se atopaban en situación de desemprego. Durante un ano, os aprendices compatibilizaron as aulas teóricas coa execución de obras de interese público que,no caso de Moraña incluiron en albanelería: obras de reformas no concello, creación dunha nova cuberta para o local do mestre de Penagrande e acondicionamento dun aseo adaptado para persoas con mobilidade reducida no local social de Penagrande. En forestaies acondicionaron os Sendeiros 1
e 2, a Vía Mariana Luso Galaica a carballeira da feira, parques infantis de Ruibal, Paraños e A Espedregueira, o Souto, Lamas, Chaián, o Calvo , o Batán, a Alberguería e Santa Lucía. Para levar a cabo o Obradoiro, a Xunta aportou unha subvención de 424.836’96 euros.

O alcalde de Moraña agradeceu o equipo directivo, docente e a todo o alumando a súa participación e implicación levados a cabo no obradoiro, tamén que cando vaian o concello e as demáis obras que se fixeron no obradoiro sintan con orgullo “ esto fíxeno eu”. Ademáis prestou o seu apoio a todo o alumnado para o que precisen e agradeceu á Xunta o seu apoio económico xa que, sen el, este obradoiro sería inviable”.

A directora de Xóvenes II, puxo en valor os obradoiros de emprego dirixidos a mozos, posto que “os participantes teñen toda a vida por diante para aproveitar a formación teorico-práctica que reciben” e, polo tanto, maiores posibilidades de sacarlle partido en forma dun posto de traballo.

O delegado da Xunta foi o encargado de pechar o acto e fixo fincapé en que “a mellor política social que se pode facer desde as administracións é a creación de emprego”. Neste sentido transmitiu os parabéns aos Concellos de Moraña e Valga “polo traballo que veñen realizando neste ámbito. Non é doado conseguir un Obradoiro de Emprego de Garantía Xuvenil, de feito na última convocatoria só o acadaron seis concellos da provincia, e iso significa
que elaboraron e presentaron un bo proxecto”.

Dous novos obradoiros

Os concellos de Moraña, Valga e Portas, porán en marcha nas vindeiras semanas outros dous obradoiros de emprego que lle foron concedidos pola Xunta. O novo taller xuvenil, que será o primeiro en arrancar o día 14 de outubro conta cunha aportación económica de 439.000 euros e formará a dezaseis participantes nas especialidades de forestais e albanelería.

E a nova edición do Obradoiro dual Ulla-Umia VIII, que ten aprobada unha subvención de 412.000 euros, contará cunha vintena de alumnos repartidos nos módulos de Conservación e mellora de montes, repoboacións forestais e tratamentos sílvicolas e Carpintería e moble.

Accesibilidade