Buscar...

Obradoiro lúdico-termal para persoas con discapacidade motora de calquera etioloxía

Compartir

BANDO

DONA MARÍA LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MORAÑA. FAI SABER:

Que a Deputación Provincial en colaboración co Concello de Moraña aprobou a concesión do “Obradoiro lúdico-termal para persoas con discapacidade motora de calquera etioloxía” subvencionada ao abeiro do Plan Concellos 2018-2019. O Obradoiro consistirá na realización dun circuito lúdico-termal a través dos baños nas piscinas termais, como medida preventiva e paliativa co fin de mellorar a calidade de vida, autonomía e mobilidade das persoas residentes no Concello de Moraña que presentan algún tipo de deficiencia motora de calquera etioloxía.
REQUISITOS:

  • Estar empadroado e ter residencia efectiva no Concello de Maraña.
  • Ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33% e un informe médico coa debida prescrición facultativa que acredite que presenta algún tipo de deficiencia motora de calquera etioloxfa.
  • Non padecer enfermidades incompatibles coa actividade do obradoiro.
  • Carecer de contradición médica para poder recibir os tratamentos de balneario.

O obradoiro terá carácter gratuíto e será levado a cabo nas Termas de Cuntis dende o día 15 ó 26 de outubro de 2018, pola tarde en horario de 17 a 19 horas. A participación no Obradoiro será por orde de presentación de solicitudes ata acadar o número de prazas total concedidas.
Os interesados/as deberán entregar as solicitudes xunto coa documentación correspondente no Departamento de Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Moraría.
O PERÍODO DE INSCRICIÓN COMEZA O 27 DE SETEMBRO E REMATARÁ O 8 DE OUTUBRO DE 2018.
DOCUMENTO ASINADO ELECTRONICAMENTE.
Pódese descargar este bando en PDF aquí: BANDO OBRADOIRO LÚDICO TERMAL DISCAPACIDADE

Seguinte

Accesibilidade