Buscar...

Obradoiro Xóvenes – Obra na Casa de Cultura de Moraña

Compartir

Os 16 alumnos/as do obradoiro de emprego Xovenes Moraña – Valga avanzan na obra da Casa da Cultura en Moraña

O Obradoiro de Emprego “Xóvenes Moraña – Valga”, promovido polos Concellos de Moraña e Valga cofinanciado polo Fondo Social Europeo nunha porcentaxe do 91,89% no programa
operativo 2014 – 2020, deu comezo o pasado 16 de novembro . Nel participan 16 mozos de entre 18 e 30 anos. Cunha duración de doce meses e consta de dúas especialidades formativas: forestal e albanelería. Os aprendices reciben formación teórica e ademais realizarán prácticas consistentes en obras de interese público.

Os 8 alumnos e alumnas da especialidade de albanelería do obradoiro realizan prácticas formativas na súa especialidade de albanelería e fan traballos de obra de redistribución interior na casa de Cultura en Moraña.

Realizan demolición de tabiques existentes na zona de aseos e vestiarios , desmontaxe de falsos teitos e demolición de carpinterías para a súa recuperación. Levantan os solados e alicatados existentes para posteriormente colocar uns novos.

Con estas actuacións a casa da cultura contará con unha nova distribución, novos aseos con aceso para persoas con mobilidade reducida e tres novas aulas
O alcalde de Moraña, José Cela visitou xunto co concelleiro de obras, Manuel Ruibal, e a directora do obradoiro ao alumnado e docente e comprobou como as aprendizaxes adquiridas no obradoiro vense nas actuacións que estan realizando nesta obra.

Accesibilidade