Buscar...

Oferta Cursos de Inglés 2020-2021

Compartir

Un ano máis CENTRO de IDIOMAS WATERFORD  vai impartir cursos de Inglés no Concello de Moraña para todos aqueles estudantes interesados en mellorar as súas competencias en lingua inglesa.

Centro de Idiomas Waterford ten una ampla traxectoria na impartición de cursos de Inglés a tódolos niveis e conta con profesorado especializado. Asimesmo é centro examinador oficial de Trinity College London e tamén Centro Preparador Oficial de Cambridge University. O obxetivo principal dos cursos de idiomas é facer  maior fincapé no aspecto conversacional e preparar aos nosos alumn@s para a obtención dos certificados expedidos por Trinity College of London que avalían as competencias orais do alumn@ e cubren todos os niveis do Marco Europeo de Referencia das Linguas.

O obxetivo principal dos cursos de inglés é facer  maior fincapé no aspecto conversacional para darlle un enfoque máis práctico á aprendizaxe da lingua así como a preparación dos nosos alumn@s para a obtención dalgún certificado oficial que recoñeza o nivel adquirido.

Dada a excepcionalidade deste curso polo Covid 19 tomaranse tódalas medidas necesarias como limitación de aforo, distancia de seguridade, desinfección, toma de temperatura, etc.

As clases van dirixidas a estudantes de INFANTIL, PRIMARIA e ESO e desenrolaranse os luns en horario de tarde na Biblioteca de Moraña.

Duración dos cursos: do 5 de Outubro de 2020 ao 14 de Xuño de 2021.

Cuotas para o curso 2020/21: 25€ mensuais

Os interesados poderán facer a súa reserva por correo electrónico (cdiwaterford@hotmail.com) ou contactando coa Biblioteca de Moraña. Para calquera dúbida poderán chamar aos teléfonos 986851225/ 698133512.

Accesibilidade