Buscar...

Os alumnos de albanelería do Obradoiro de Emprego Xóvenes Moraña – Valga visitan a Fundación Laboral da Contrucción

Compartir


O alumando de albanelería do obradoiro de Xovenes Moraña – Valga, acompañados polo experto docente desta especialidade, a administrativ e a directora participaron no día de hoxe nunha visita formativa á Fundación Laboral da Construcion de Galicia en Santiago.
Ali fomos fomos recepcionados por orientadora laboral , técnico de emprego e o arquitecto da fundación. Primeiro guiaránnos polas instalacións da fundación unha antiga curditudoría de Pontepedriña de Arriba, nas marxes do Sarela, que foi rehabilitada completamente. Foronnos explicando a rehabilitación na cal conservaron a tipoloxía constructiva da zona adaptando as instalacións que eles empregan.

Asemade estivemos nun taller no cal estaba realizando formación en albanelería alumnos que teñen un contrato de formacion e aprendizaxe e un día a semana reciben formación nas dependencias de Fundación Laboral.
O finalizar a visita tivemos unha xornada de orientación cos técnicos, na cal explicaron as actividades formativas que esta entidade leva a cabao dende a súa fundación e proxectaron un video donde amosaba ás técnicas máis vangardistas que se empregan neste sector. Tamén informaron sobre a bolsa de emprego que xestiónan e na que se tramitan moitas ofertas relacionadas coa construción. Todos entregaron o curriculo , que se lle fixo no obradoiro,
buscando así oportunidades neste sector laboral no cal se están formando durante este ano.

Dende a dirección do obradoiro conxuntamente cos concellos de Moraña e Valga estase a traballar na futura inserción laboral do alumnado, realizando así contactos con diversas empresas. Froito destre traballo nesta semana un alumno do obradoiro da especialdiade de
forestais empezou a traballar nunha empresa da comarca de Valga.
Trátase esta visita dunha actividade complementaria a formación teórica e práctica que levan meses recibindo.

O proxecto está cofinanciado polo Fondo Social Europeo nuha porcentxe de 91,89 % a través do programa operativo 2014 – 2020.

Accesibilidade