Buscar...

Os aprendices do obradoiro de albanelería remataron as obras de cuberta da escola do Mestre de Penagrande e as obras na planta baixa do concello de Moraña

Compartir

O alumnado de albanelería do obradoiro traballa de xeito autónomo e acaban de rematar os traballos de acondicionamento na planta baixa do concello de Moraña e a cuberta da escola do mestre de Penagrande.

No concello fixeron obras de mellora nos dous despachos de planta baixa; realizaron etirada de todos os revestimentos de madeira en paredes e dos pavimentos, demolición de tabique que divide os dous despachos e apertura de ocos existentes para novas portas de paso, limpeza e saneo de machóns de pedra en ventás. Construiron un novo tabique entre despachos con porta corredía con extradorsados de xeso laminado, subestrutura de aceiro galvanizado e illamento térmico en cerramentos exteriores, executaron novos pavimentos e pintura de todos os parametros.

Na escola do mestre de Penagrande os alumnos levaron a cabo substitución de tellado en cuberta a catro augas actualmente que estaba resolta con tella plana que se atopa en moi mal estado de conservación. Por iso demoleron a actual cuberta de tella cerámica plana e colocación a placa de fibrocemento baixo tella, ancorada as correas e rematouse con tella de cerámica curva O obxectivo do obradoiro é que o alumnado se forme nos oficios para mellorar así a súa empregabilidade, ven por conta allea ou por conta propia.

O finallizar os 12 meses,o vindeiro 1 de outubro, o alumnado recibirá o certificado que facilitará a súa búsqueda de emprego e que lles acredita a formación e experiencia adquirida durante todo o período.

O Obradoiro de Emprego Xóvenes Moraña – Valga está cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus no marco do programa FSE + Galicia 2021-2027

Accesibilidade