Buscar...

Plan Renove de Fiestras

Compartir

DONA MARIA LUISA PIÑEIRO ARCOS ALCALDE-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MORAÑA
FAI SABER QUE O INSTITUTO ENERXETICO DE GALICIA publica as bases
reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva relativa ao Plan Renove de Fiestras
Obxecto: Establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas dirixidas á rehabilitación dos ocos acristalados da fachada, tanto no referente
ao acristalamento como aos marcos ou perfís, co fin de acadar melloras significativas na demanda enerxética do edificio e os conseguintes aforros en termos económicos, así como para a selección de entidades colaboradoras que participan na súa xestión.
Beneficiarios: Persoas físicas e xurídicas de dereito público ou privado, propietarios ou titulares de calquera dereito sobre inmobles do sector residencial e terciario, comunidades ou mancomunidades de veciños, sempre
que a actuación subvencionable descrita no artigo 3 se realice en vivendas ou edificios do sector terciario sitos na Comunidade Autónoma de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes: 30 de outubro de 2012 ou cando se acabe o presuposto previsto.

Moraña, 12 de decembro de 2011.
A Alcaldesa
MARIA LUISA PIÑEIRO ARCOS

Pódese descargar este bando en pdf aquí: Bando Plan Renove Fiestras

Seguinte

Accesibilidade