Publicación do escrito emitido por AGADER ao Concello de Moraña:
Estimada alcaldesa:
Dende a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) estanse a elaborar os plans de zona para cada unha das zonas rurais definidas e cualificadas de acordo co establécido na Lei 45/2007, de desenvolvemento sostible do medio rural e no Programa de Desenvolvemento Rural Sostible 2010-2014 (aprobado polo R.D. 752/2010).
Dentro do proceso de participación pública que rexe na elaboración destes plans de zona, informámoslle que nestes días estará a disposición de todos os interesados a versión preliminar dos mesmos e que poden realizarse achegas, suxestións e alegacións durante 23 días hábiles dende a publicación no DOGA do anuncio de exposición pública, período que aprmcimadamente rematará en tomo ao 30 de xullo de 2011.
A inforniación dispoñible estará a disposición na páxina web de Agader, http//agader.xunta.es/Actividades.do, así como nas dependencias administrativas de Agader, sitas na lúa dos Camiños. da Vida, sin – 2a planta (Edificio Witland) en Salgueiriños -Santiago de Compostela.
Neste senso, pregámoslle que He dean a máxima difusión posible a este período de exposición pública para garantir que – todas aqueles institucións, organizacións e cidadáns interesados poidan facer as súas achegas.
Agradecéndolle o seu interese, reciba un cordial saúdo.
Santiago de Compostela, a 1 de Xullo de 2011
O Director Xeral de Agader
Antonio Crespo Iglesias.
Podedes descargar este escrito en pdf no seguinte vínculo: medio rural
Síguenos nas Redes Sociais