Que a Consellería de Política Social, en base a Orde do 31 de decembro de 2015, convoca UNHA PRESTACION ECONOMICA DE PAGAMENTO UNICO POR FILLO/A MENOR A CARGO.
BENEFICIARIAS/OS:
Persoas que teñan o seu cargo fillos/as menores de tres anos, nados entre 2-01-2013 e o 1-01-2016 e que, durante o ano 2014, nin elas nin ningún membros da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a este período. –
REQUISITOS:
– Que os proxenitores teñan a súa residencia habitual en Galicia. – Que á data da solicitude os nenos- as convivan co solicitante. – Que por razóns de ingresos obtidos durante o 2014, nin elas nin ningún membros da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso.
DOCUMENTACIÓN NECESARIA:
– D.N.I/NIF, da persoa solicitante e do seu cónxuxe ou parella. – Fotocopia do libro de familia. – Certificado de convivencia de toda a unidade familiar. – Copia da sentencia de nulidade, separación ou divorcio, de se-lo caso.
PRAZO DE SOLICITUDES: antes do 07 de marzo de 2016. Para máis información e tramitación das axudas deberán acudir á oficina municipal do Servizo Social Comunitario do Concello, os días de atención o público (luns, martes e xoves), en
horario de 9 a 13 horas ata o 03 de marzo.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Síguenos nas Redes Sociais