Buscar...

Primeira Ruta do "Movémonos por Moraña"

Compartir

O vindeiro 3 de xuño terá lugar a primeira ruta do “Movémonos por Moraña”, unha serie de rutas de sendeirismo organizada polo Concello en colaboración coa Deputación de Pontevedra.
A primeira destas rutas, será de Mos ata a Toxeiriña, co seguinte traxecto: Corticeira de Mos, Pontellas, Lameiro, Costa de Santa Xusta, A Igrexa, Rial, O Casal, Chaián e rematamos cunha visita ao Pazo da Toxeiriña.
A saída será dende a Praza do Concello ás 10:00. Todos os interesados deben anotarse na Biblioteca antes do 29 de Maio.

Accesibilidade