Buscar...

Programa "Benestar en Balnearios 2014"

Compartir

DONA MARíA LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MaRAÑA.
FAI SABER:
Que a Consellería de Traballo e Benestar convoca a concesión de prazas para participar no “PROGRAMA BENESTAR EN BALNEARIOS” 2014.
O desenvolvemento do Programa consiste en pasar 10 días con 9 noites durante os meses de XUÑO A OUTUBRO.
REQUISITOS:

  • Ser maior de 65 anos, ou de 60 reunindo a condición de pensionista, na data en que remata o prazo de presentación de solicitudes.
  • Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e atoparse en condicións de participar no programa.
  • Non padecer enfermidade incompatible coa actividade do programa.
  • Precisar o tratamento termal solicitados e carecer de contraindicación médica para a súa recepción

– PRAZO DE SOLICITUDES ata o día 10 DE MAlO DE 2014.
Para mais información poden dirixirse ó Servizo Social Comunitario do Concello, os días de atención ó público, luns, martes e xoves de 9 a 13 horas.

Accesibilidade