Buscar...

"PROGRAMA BENESTAR EN BALNEARIOS" 2018

Compartir

DONA MARÍA LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MORAÑA. FAI SABER:
Que a Consellería de Política Social convoca a concesión de prazas para participar no “PROGRAMA BENESTAR EN BALNEARIOS” 2018.
O desenvolvemento do Programa consiste en pasar 10 días con 9 noites entre o mes de MAIO e ó de OUTUBRO de 2018.
REQUISITOS:

  • Ser maior de 60 anos, ou de 55 e reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
  • Estar empadroado e residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e atoparse en condicións de participar no programa.
  • Non padecer alteracións do comportamento que poidan afectar a normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
  • Non padecer enfermidade incompatible coa actividade do programa.
  • Precisar o tratamento termal solicitados e carecer de contraindicación médica para a súa recepción

PRAZO DE SOLICITUDES:
• Para as quendas dos meses de maio e xuño ata o dá 16 de MAIO DE 2018.
• Para as quendas dos meses de xullo a outubro ata o dá 31 de MAIO de 2018.
Para mais información poden dirixirse ó Servizo Social Comunitario do Concello, os días de atención ó público, luns, martes e xoves de 9 a 13 horas. O que se fai público para xeral coñecemento.
Pódese descargar este bando en formato PDF aquí: CCF20042018

Accesibilidade