20:00 horas. CONSERVAS DA TÚA HORTA
Obradoiro para persoas maiores de 18 anos. Serán 3 sesións de 2 horas cada unha e hai límite de prazas. Se queres máis información ou inscribirte, chama a Biblioteca.
21:00 horas. ESPÉTALLE UN PINCHO
Concurso Gastronómico do Carneiro. Neste concurso participarán os bares e restaurantes de Moraña. Farase en dous días, o venres 15 e o sábado 16.
22:00 horas. MONÓLOGO
O actor e contacontos Celso Fernández Sanmartín deleitaranos co seu bo facer para que pasemos unha gran noite.
Actuación subvencionada pola Deputación de Pontevedra.
18:00 horas. Teatro na Rúa
A Compañía Limiar Teatro, representaranos a súa obra A LINGUA NA BOCA. Para público xuvenil e adulto.
Actuación subvencionada pola Deputación de Pontevedra.
21:30 horas. Teatro
Os membros da Aula de Teatro do Concello de Moraña, representarán na Casa de Cultura A.D.R. Castelao, a obra POLICÍAS.
A entrada será gratuíta para todos os públicos.
17:00 horas. Deportes Alternativos
Anímate e achégate ao pavillón municipal. Poderás gozar practicando deportes, o floorball, cachibol, ultimate… Inscribirse na Biblioteca
18:00 horas. Carreira de Orientación
Durante a tarde e a noite deste venres pasaralo en grande cun xogo no que moitas veces é máis importante pensar que poñerse a correr. Para persoas de 11 a 20 anos. Inscribirse na Biblioteca ata o 15 de Xullo.
20:00 horas. Festival Folclórico
A música tradicional será a principal protagonista deste envento, organizado polo grupo local de Música e Baile Tradicional Seixebra, que compartirá o escenario do patio traseiro da Casa de Cultura co Grupo Folclórico Raíces de Cenicientos (Madrid) e coa A.C. Rosalía de Castro de Cacheiras (Teo).
10:30 horas. IV Carreira Carneiro ó Espeto
Organizada polo Clube Atletismo +9 de Moraña, o deporte volverá encher as rúas de Santa Lucía.
A saída será na Rúa 5 de Santa Lucía, percorrendo varias rúas do casco urbano e arredores.
Haberá agasallos para os participantes e Trofeos para os 3 primeiros de cada categoría.
16:00 horas. Finais do XX Torneo de Tenis
Este día xogaránse as finais das distintas categorías do Torneo no Pavillón Municipal dos Deportes. Os partidos, como xa ven sendo habitual, celebraránse durante todo o mes de Xullo.
21:00 horas. Rockenstein, o Musical.
Para todo tipo de público, sobre todo infantil. No Patio Traseiro da Casa de Cultura. Un espectáculo onde a música, o Teatro e a diversión van da man.
16:00 horas. Festa acuática
Ven á Piscina Municipal e pasarás unha divertida tarde con inchables de auga, xincanas deportivas, xogos cooperativos…
20:00 horas. Espectáculo de Novo Circo. Peter Punk
Peter Punk é un dos clowns e humoristas máis destacados nos últimos anos. Co seu novo espectáculo “Peor imposible” fará que grandes e pequenos pasemos unha divertida tarde no patio traseiro da Casa de Cultura.
11:30 horas. Campionato de Natación
Na Piscina Municipal levarase a cabo o tradicional Campionato de Natacion, no que poderedes participar nas distintas modalidades.
Podedes inscribirvos na Piscina Municipal ata ese mesmo día.
20:00 horas. Festa Infantil
Novamente no Patio Traseiro da Casa de Cultura. O DJ Javi Solla faravos bailar a todos e todas. Ademais teremos globoflexia e cócteles saudables para refrescarvos entre baile e baile.
10:00 horas. XVI Torneo de Básket 3on3
Moraña convírtese na capital do 3on3 por decimosexto ano consecutivo. O mellor baloncesto do verán dase cita no Pavillón Municipal o venres 29 a partir das 10 da mañán.
Organizado pola Asociación Deportiva e Cultural Espeto, o Torneo é moito máis que baloncesto: comida na Carballeira de Santa Lucia, Concursos (mates e triplos), sorteos de roupa deportiva…
23:00 horas. Verbena na Carballeira de Santa Lucía.
Coa actuación das orquestas:
COSTA OESTE e LA OCA BAND
11:00 horas. Festa da Bicicleta
A Carballeira de Santa Lucía será o lugar de encontro de todas as persoas, grandes e pequenos, que queirades acompañarvos a dar un paseo en bicicleta. Primeiro percorreremos as ruas do núcleo urbano acompañados da banda de Música Nova Lira de Moraña, para logo visitar distintos lugares do noso concello.
Haberá camisetas para todos os que participedes e sortearemos unha bici.
19:00 horas. XLVII TROFEO DE FÚTBOL CARNEIRO Ó ESPETO
No campo de fútbol municipal de Mirallos entre os equipos Pontevedra C.F. e R.C. Celta de Vigo “B”.
23:00 horas. GRAN GALA CARNEIRO Ó ESPETO NA CARBALLEIRA DE SANTA LUCÍA
Coas actuacións de
KATE RYAN
EFECTO MARIPOSA
LA RICURA
FIESTA KYOTO (DJ´s, Gogós…)
10:00 a 14:00 horas. Pasacalles e actuación da Agrupación de Baile Tradicional e Grupo de Pandereteiras Seixebra de Moraña.
A animación de rúa correrá a cargo da Charanga Os Encerellados.
14:00 horas. Asignación de Lotes
14:30 horas. EXTRAORDINARIO XANTAR DO CARNEIRO Ó ESPETO
Sobremesa amenizada pola Charanga Os Encerellados. A continuación actuación de O linho do Cuco.
22:00 horas. Gran Verbena Fin de Festas
Coas Orquestas:
EL COMBO DOMINICANO e SAMBA
Síguenos nas Redes Sociais