Buscar...

Programa de Prevención e Redución do Abandono Escolar

Compartir

O Concello de Moraña vai levar a cabo un PROGRAMA DE PREVENCIÓN E REDUCIÓN DO ABANDONO ESCOLAR coa seguinte actividade:

ESCOLA PARA ADULTOS

Actividade dirixida a todos os adultos pertencentes ó Concello de Moraña que non teñen o título de graduado en ESO co obxectivo de acadar a mencionada titulación mediante as probas libres que convoca a Xunta de Galicia, posto que ésta é indispensable para acceder ó mercado laboral.
Este programa realizarase dende o 2 de febreiro do 2015 ata o 28 de maio do 2015. As actividades serán totalmente gratuítas. As sesións impartiranse na Escola do Buelo no seguinte horario de 20 a 22 horas, cun máximo de 25 participantes en cada un dos ámbitos que se impartan, os cales serán seleccionados por rigorosa orde de inscrición.
A inscrición farase nas oficinas municipais ou chamando ao teléfono do Concello de Moraña (986 55 30 05), de luns a venres, en horario de 9:00 a 15:00 horas.
Poderase consultar o programa das actividades durante este período na páxina web do Concello de Moraña: www.morana.org
 
Pódese descargar o cartel desta actividade en PDF aquí: escola-adultos

Seguinte

Accesibilidade