Que co obxecto de levar a cabo o “PROGRAMA DE VACACIÓNS EN PAZ 2017 ” – PROGRAMA DE ACOLLIDA DE NENOS E NENAS SAHARAUIS-, co fin de que estes poidan pasar dous meses do acollida ( xullo e agosto) con algunha familia do municipio e deste xeito poder disfrutar dunha estancia agradable, humana e culturalmente rica, baixo a supervisión e os coidados da familias acolledoras galegas. Sería algo novo para eles/elas estando un tempo lonxe das duras condicións do deserto e pasar dous meses de alegría.
NOTA: Ás familias acolledoras, economicamente, non teñen que aportar nada a neste Programa. Non lles supón máis que ofertarlle hospedaxe no seu fogar, xa que este Programa conta coa colaboración da Xunta de Galicia, Subdelegacións do Goberno e Concellos.
Todas as persoas deste Concello interesadas en acoller un neno ou nena do citado Programa, poden dirixirse ás Oficinas Municipais do SERVIZO SOCIAL COMUNITARIO ata o vindeiro 30 de decembro de 2016, os días de atención ó público, luns, martes e Xoves, de 9 a 13 horas, onde se lle facilitará toda a información necesaria.
Moraña, 09 de decembro de 2016
Síguenos nas Redes Sociais