Buscar...

Programa de Vacacións para Maiores 2014/2015

Compartir

BANDO

DONA Ma LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MORAÑA.
FAI SABER:

Que o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade a través do Instituto de Maiores e Servizos Sociais- IMSERSO- convoca o “PROGRAMA DE VACACIÓNS PARA MAIORES” PARA A, TEMPADA 2014/2015, con viaxes a:

  • PENÍNSULA OU BALEARES ( 8, 10, 15 días)
  • CANARIAS ( 8, 10 ou 15 días)
  • CIRCUITOS CULTURAIS (6 días)
  • TURISMO DE NATURALEZA (5 días)

REQUISITOS PARA ACCEDER Ó PROGRAMA:

  • Persoas con 65 ou máis anos, residentes en España.
  • Pensionistas de Xubilación do sistema Público de Pensións.
  • Pensionistas de viuvez e ter 55 anos cumpridos.
  • Pensionistas de incapacidade, outros pensionistas do Sistema Público de pensións e prexubilados, en todos los casos con 60 anos cumpridos.
  • Valerse por si mesmos e non presentar alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.

Admitirase como acompañante ó cónxuxe ou parella de feíto non sendo necesario que reúna os requisitos de idade e pensión.
Tamén porán participar os fillos/as con discapacidade, cun grado de discapacidade igual ou superior ó 45%, sempre que esa discapacidade elle permita viaxar e o faga cos seus pais.
As solicitudes en modelo oficial, poderán recollelas na Oficina Municipal do Servizo Social Comunitario do Concello en horario de 9 a 13 horas. os días de atención ó público luns, martes e xoves.

O solicitante poderá uní-la súa solicitude o outra da mesma provincia, co obxecto de que poidan viaxar xuntos.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: ANTES DO DÍA 5 DE XUÑO DE 2014

Pódese descargar este Bando en pdf aquí: IMSERSO

Accesibilidade