DONA MARíA LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MORAÑA.
FAI SABER:
Que a Deputación Provincial en colaboración co Concello de Moraña convoca a concesión de prazas para participar no “PROGRAMA DIURNO DE BALNEARIOS “COIDARTE”, 2014“. O desenvolvemento do Programa efectuarase entre o mes de setembro de 2014 e antes do 31 de marzo do 2015, cunha duración de cinco días da semana seguidos durante dúas horas cada día, voltando á súa casa ó final da actividade. Un autobús recollerá as persoas no Concello trasladándoas ó balneario escollído:
REQUISITOS:
As solicitudes, xunto coa documentación correspondente ( DNI E/OU CERTIFICADO DE PENSiÓN) poderán presentarse A PARTIR DO 24 DE XUÑO E ATA O 23 DE XULLO .
NOTA: Darase prioridade aos que nunca se beneficiaran deste programa.
Farase a selección segundo orde de recepción en caso de que o número de solicitudes supere as prazas ofertadas (TOTAL MÁXIMO 50 PRAZAS).
Non se admiten acompañantes que non cumpran os requisitos esixidos.
Para mais información poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais Comunitarios do Concello, os días de atención ó público, luns, martes e xoves de 9 a 13
horas.
Pódese descargar este bando en formato PDF aquí: BALNEARIOS DIÚRNOS
Síguenos nas Redes Sociais