Buscar...

Programa Diúrno de Balnearios "Coidarte" 2015

Compartir

BANDO

DONA MARíA LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MORAÑA.  

FAI SABER: 

Que a Deputación Provincial en colaboración co Concello de Moraña convoca a concesión de prazas para participar no “PROGRAMA DIURNO DE BALNEARIOS “COI DARTE”, 2015″.

O desenvolvemento do Programa terá unha duración de cinco días da semana seguidos durante dúas horas cada día, voltando á súa casa ó final da actividade. Un autobús recollerá as persoas no Concello trasladándoas ó balneario escollido:

  • BALNEARIO TERMAS DE CUNTIS: Custo Usuario 67€
  • SPA OCA SPA MOAÑA: Custo Usuario 45 € 
  • THALASO ATLÁNTICO OlA: Custo Usuario 60 € 
  • HOTEL VIA ARGENTUM. SILLEDA: Custo Usuario: 25€
  • BALNEARIO HESPERIA ILLA DA TOXA: Custo Usuario:66 €
  • BALNEARIO DE MONDARIZ:Custo Usuario: 63 € 

REQUISITOS:

  • Persoas de 50 ou máis anos.
  • Pensionistas.
  • Situacións de respiro familiar.
  • Non padecer enfermidade incompatible coa actividade do programa.
  • Ter total autonomía para participar no mesmo.

As solicitudes, xunto coa documentación correspondente (DNI E/OU CERTIFICADO DE PENSIÓN) poderán presentarse ATA O 27 DE ABRIL. 

NOTA: Darase prioridade aos que nunca se beneficiaran deste programa.

Farase a selección segundo orde de recepción en caso de que o número de solicitudes supere as prazas ofertadas (TOTAL MÁXIMO 50 PRAZAS).

Non se admiten acompañantes que non cumpran os requisitos esixidos.

Para mais información poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais Comunitarios do Concello, os días de atención ó público, luns, martes e xoves de 9 a 13 horas.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Moraña, 31 de Marzo de 2015

Pódese descargar este bando en PDF aquí: programa-balnearios

Accesibilidade