Buscar...

PROGRAMA DIURNO DE BALNEARIOS “COIDARTE

Compartir

B A N D O
DONA MARÍA LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MORAÑA.
FAI SABER:

Que a Deputación Provincial en colaboración co Concello de Moraña convoca a concesión de prazas para participar no “PROGRAMA DIURNO DE BALNEARIOS “COIDARTE”, 2013”.
O desenvolvemento do Programa efectuarase ó longo de todo o ano, exceptuando o mes de agosto cunha duración de cinco días da semana seguidos durante dúas horas cada día, voltando á súa casa ó final da actividade. Un autobús recollerá as persoas no Concello trasladándoas ó balneario escollido:
* BALNEARIO TERMAS DE CUNTIS: Custo Usuario 70€
* SPA OCA GALATEA DE SANXENXO: Custo Usuario 45 €
* THALASO ATLÁNTICO OIA: Custo Usuario 63 €
* SPA NORAT DO GROVE: Custo Usuario: 32€
* BALNEARIO HESPERIA ILLA DA TOXA: Custo Usuario:68 €
* BALNEARIO DE MONDARIZ:Custo Usuario: 66 €
* SPA TORRE DO DEZA DE LALÍN: 20 €
REQUISITOS:
– Persoas de 50 ou máis anos.
– Pensionistas.
– Situacións de respiro familiar.
-Non padecer enfermidade incompatible coa actividade do programa.
-Ter total autonomía para participar no mesmo.
As solicitudes, xunto coa documentación correspondente, poderán presentarse
ATA O 20 DE XUÑO .
NOTA: Darase prioridade aos que nunca se beneficiaran deste programa.
Farase a selección segundo orde de recepción en caso de que o número de solicitudes supere as prazas ofertadas (TOTAL MÁXIMO 50 PRAZAS).
Non se admiten acompañantes que non cumpran os requisitos esixidos.
Para mais información poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais Comunitarios do Concello, os días de atención ó público, luns, martes e xoves de 9 a 13 horas.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Moraña, 5 de Xuño de 2013
A ALCALDESA
ASDO. Mª LUISA PIÑEIRO ARCOS

Accesibilidade