Buscar...

Programa Diurno de Balnearios

Compartir

DON JOSÉ A. EIRAS PAZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE MORAÑA
FAI SABER:
Que a Deputación Provincial en colaboración co Concello de Moraña convoca a concesión de prazas para participar no “PROGRAMA DIURNO DE BALNEARIOS 2011”.
O desenvolvemento do Programa efectuarase en dous turnos cunha duración de cinco días da semana seguidos durante dúas horas cada día, voltando á súa casa ó final da actividade. Un autobús recollerá as persoas no Concello trasladándoas ó balneario escollido:

  • THALASO SPA DE MOAÑA: Custo Usuario 20€
  • THALASO DE SANXENXO: Custo Usuario 24 €
  • THALASO ATLÁNTICO OIA: Custo Usuario 28 €
  • BALNEARIO TERMAS DE CUNTIS: Custo Usuario:31 €
  • BALNEARIO HESPERIA ILLA DA TOXA: Custo Usuario: 31 €
  • BALNEARIO DE MONDARIZ: Custo Usuario: 31 €
  • BALNEARIO BAÑOS DE BRE: Custo Usuario: 19 €

REQUISITOS:
– Persoas de 50 ou máis anos.
– Pensionistas.
– Situacións de respiro familiar.
-Non padecer enfermidade incompatible coa actividade do programa.
-Ter total autonomía para participar no mesmo.
As solicitudes, xunto coa documentación correspondente, poderán presentarse:
– Entre o 10 e o 28 de Marzo de 2011 para a campaña de primavera e entre o 2 e o 16 de Xuño para a campaña de outono.
NOTA: Darase pt’ioridade aos que nunca se beneficiaran deste programa.
Farase a selección segundo orde de recepción en caso de que o número de solicitudes supere as prazas ofertadas. (CAMPAÑA PRIMAVERA, MÁXIMO 37 PRAZAS E CAMPAÑA DE OUTONO,MÁXIMO 6 PRAZAS)
Non se admiten acompañantes que non cumpran os requisitos esixidos.
Non se admititán 8 trámite solicitudes da 2ª campaña de usuarios que xa participaran na 1ª.
Para mais información poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais Comunitarios do Concello, os días de atención ó público, luns, martes e xoves de 9 a 13 horas.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Podes descargar este bando en formato PDF aquí: programa-diurno-balnearios.

Seguinte

Accesibilidade