PROGRAMA PREVENCIÓN DAS DROGODEPENDENCIAS E OUTRAS CONDUTAS ADICTIVAS.
Cuntis, Barro, Moraña e Portas 15 de febreiro de 2016.
Un ano máis os concellos de Cuntis, Barro, Moraña e Portas firman un Convenio de cooperación para o cofinanciamento do Programa de Prevención de Drogodependencias coa Xunta de Galicia, a través da dirección Xeral de Saúde Pública. Dito programa comezouse a aplicar no ano 2007 debido á gran sensibilización que dende os grupos políticos existe sobre a promoción da saúde e a prevención das drogodependencias entre os/as seus/súas cidadáns/as, Este novo período extenderase dende o 11 de Xaneiro de 2016 ó 30 de xuño de 2017.
A través deste programa inténtase dar resposta a un dos grandes problemas aos que se enfronta a sociedade actual, que afecta non só á saúde das persoas directamente implicadas no consumo de drogas senón tamén ao benestar da comunidade. Na actualidade, o consumo de drogas en España, e concretamente na nosa Comunidade experiementou unha serie de Variacións, aumentando o consumo de determinadas drogas, aparecendo outras novas e iniciándose o seu consumo a idades máis temperás (tabaco, alcol). Todo isto define unha preocupante situación, considerando a curta idade na que comezan algúns consumos, e a posible repercusión que estos poden exercer nun período da vida no que o desenvolvemento físico, psicolóxico e social é intenso.
Para afrontar esta problemática dende o Programa de Prevención das drogodependencias e outras condutas adictivas dos concellos de Cuntis, Barro, Moraña e Portas levaranse a cabo varias intervencións que teñen como obxectivo minimizar a influencia dos factores de risco e potenciar os factores de protección ante o consumo de drogas. Para iso realizaranse un conxunto de accións destinadas a reducir e fou retrasar o abuso de drogas, e no caso de terse producido reducir ao mínimo as súas consecuencias negativas. A prevención das drogodependencias non é un traballo só de especialistas, é responsabilidade de toda a sociedade, posto que o consumo de drogas é un fenómeno absolutamente xeneralizado na nosa sociedade, apoiado en aptitudes tolerantes. Por iso, para abordar en toda a súa amplitude a prevención do consumo de drogas, é necesaria a participación de todas/os as/os axentes sociais, promovendo accións coordinadas e evitando a duplicidade das mesmas. Esto permite desenvolver intervencións en diferentes ámbitos (escolar, familiar, comunitario, laboral…etc). As diferentes actividades programadas en cada ámbito para este novo período son:
O contacto coa especialista encargada da aplicación do Programa de prevención de drogodependenciase e outras condutas adictivas para solicitude de información sobre a temática realizarase a través de:
Os Servizos Sociais dos Concellos de Barro, Cuntis, Moraña e Portas (Traballadoras/es Sociais, Educadoras/es,Coordinadoras/es), ou directamente no Centro de Formación Ocupacional A RAN, Polígono Industrial A Ran S/No Cuntis (TIf.: 986548759).
Pódese descargar este documento en PDF no seguinte vínculo: prevencion
Síguenos nas Redes Sociais