Buscar...

Programa "Xuntos polo Nadal" 2013

Compartir

BANDO

DONA Mª LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MORAÑA
FAI SABER:
Que a Secretaría Xeral de Política Social organiza o PROGRAMA “XUNTOS POLO NADAL”- 2013, para persoas maiores que, valéndose por si mesmas vivan soas e non teñan con quen pasar estas datas do Nadal.
DATAS DE CELEBRACIÓN: Do 23 de decembro de 2013 ó 2 de xaneiro de 2014.
REQUISITOS:

  • ‚ Ser maior de 65 anos .
  • ‚ Residir na Comunidade Autónoma Galega.
  • ‚ Valerse por si mesmo/a e non padecer enfermidade infecto- contaxiosa.
  • ‚ Non presentar trastornos psíquicos ou condutas que poidan alterar a normal convivencia do grupo.
  • ‚ Atoparse só/soa nas datas do Nadal.
  • ‚ Ter un nivel de ingresos económicos baixo.
  • ‚ Non estar residindo nun centro para persoas maiores.

PRAZO DE SOLICITUDE:
As solicitudes deberán presentarse antes do 25 DE NOVEMBRO DE 2013 na Oficina Municipal de Servizos Sociais Comunitarios.
As persoas que desexen máis información e facer as correspondentes solicitudes poden dirixirse ás Oficinas Municipais do Servizo Social Comunitario, os días de atención ó público: luns, martes e xoves de 9:00 a 13 :00horas.
O que se comunica para xeral coñecemento.
Moraña, 28 de outubro de 2013
A alcaldesa

Mª Luisa Piñeiro Arcos

Accesibilidade