Buscar...

BANDO: Recomendacións sanitarias contra o Covid-19

Compartir

MARÍA LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MORAÑA.
FAI SABER

RECOMENDACIÓNS SANITARIAS CONTRA O COVID-19
A Xunta de Galicia, no marco do actual plan para a transición cara a unha nova normalidade, vén de publicar o luns 27 de xullo no DOG unha orde da Consellería de
Sanidade na que se introducen determinadas modificacións nas medidas de prevención para facer fronte a crise sanitaria da Covid-19.

No marco deste acordo, e para favorecer o seguimento, avaliación continua e control da situación epidemiolóxica e sanitaria, recolleuse inicialmente a obrigatoriedade do uso da máscara na vía pública, en espazos ao aire libre e nos espazos pechados de uso público aínda que se poida gardar a mínima distancia interpersoal.
Sen embargo, e como consecuencia da proliferación nestas últimas semanas de encontros e celebracións en espazos privados, queren realizarse unhas
recomendacións sanitarias para orientar e concienciar á poboación nas medidas de protección, xa que o prudente é reducir os contactos con persoas non conviventes para minguar os riscos de contaxio.
Así, no caso das reunións de grupos de persoas ou de confluencia de persoas non conviventes en espazos privados, abertos ou pechados, de uso privado efectúanse as seguintes RECOMENDACIÓNS SANITARIAS:

  • USO DE MÁSCARA.
  • MANTEMENTO DA DISTANCIA DE SEGURIDADE INTERPERSOAL.
  • APLICACIÓN DE MEDIDAS DE HIXIENE.
  • LIMITAR O NÚMERO DE ASISTENTES AOS MÍNIMOS POSIBLES E QUE, EN TODO CASO, NON SUPEREN AS 25 PERSOAS.

MORAÑA, 30 de xullo de 2020

Pódese descargar este Bando en formato PDF aquí: 20200730_BANCO RECOMENDACIÓN CONTRA COVID-19

Accesibilidade