Os 16 alumnos/as do Obradoiro de Xóvenes Moraña Portas Valga I pertencente ós concellos de Moraña, Portas e Valga , 8 alumnos da especialidade de albanelería e 8 de forestais remataron a formación en prevención de riscos laborais.
Este obradoiro comezou o pasado 14 de outubro tendo una duración de un ano e participan 16 mozos e mozas desempregados de ata 30 anos de idade. Trátase esta formación de complementaria aos oficios de forestais e albanelería que van aprender durante o proxecto Ten una duración de 60 horas foi complementada con outra de 6 horas específica para o oficio de albanelería. Sendo os principais contidos da mesma: os conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo, os riscos no traballo e as medidas preventivas e Os primeiros auxilios. Conceciaron ao alumnado sobre a importancia da seguridade e saúde no traballo e que identifiquen e analicen os riscos xerais e específicos da súa actividade. Esta foi impartida por unha técnica da Fundación Laboral da Construcción.
Trátase dunha formación moi importante xa que o obradoiro desde o inicio está velando pola seguridade e pola prevención de riscos laborais. Así mesmo cumprindo coas obrigas de vixiancia todos os integrantes do obradoiro realizaron os recoñecementos médicos Esta convocatoria está cofinanciada pola Unión Europea nunha porcentaxe do 60 %, a través do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.
Síguenos nas Redes Sociais