Buscar...

REMATE DA FORMACIÓN EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS DO OBRADOIRO DE EMPREGO XOVENES MORAÑA – VALGA

Compartir

Os 16 alumnos/as do Obradoiro de Xóvenes Moraña – Valga pertencente ós concellos de Valga e Moraña, 8alumnos da especialidade de albanelería e 8 de forestais remataron a formación en prevención de riscos laborais.
Este obradoiro comezou o pasado 16 de novembro tendo una duración de un ano e participan 16 mozos e mozas desempregados de ata 30 anos de idade.
Trátase esta formación de complementaria aos oficios que van aprender durante o proxecto. Ten una duración de 60 horas que no día de hoxe foi complementada con outra de 6 horas específica para o oficio de albanelería. Sendo os principais contidos da mesma: os conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo, os riscos no traballo e as medidas preventivas e os primeiros auxilios. Conceciar ao alumnado sobre a importancia da seguridade e saúde no traballo e que identifiquen e analicen os riscos xerais e específicos da súa actividade. Esta foi impartida por un técnico da Fundación Laboral da Construcción.
Trátase dunha formación moi importante xa que o obradoiro desde o inicio está velando pola seguridade e pola prevención de riscos laborais. Así mesmo cumprindo coas obrigas de vixiancia da saúde o persoal do obradoiro realizou xa os recoñecementos médicos.

Accesibilidade