Buscar...

REMATE DA FORMACIÓN EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS DO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO ULLA UMIA: MORAÑA, PORTAS E VALGA.

Compartir

Os 20 alumnos e alumnas do II obradoiro dual de emprego Ulla Umia: Moraña, Portas e Valga pertencente ós concellos de Moraña, Portas e Valga ,10 alumnos da especialidade de carpintería e 10 de forestais remataron a formación en prevención de riscos laborais.

Este obradoiro comezou o pasado 16 de xuño e ten unha duración de nove meses.

Trátase esta formación de complementaria aos oficios de forestais e carpintería que van aprender durante o proxecto

Ten una duración de 60 horas foi complementada con outra de 6 horas específica para o oficio de carpintería. Sendo os principais contidos da mesma: os conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo, os riscos no traballo e as medidas preventivas e os primeiros auxilios.

Conceciaron ao alumnado sobre a importancia da seguridade e saúde no traballo e que identifiquen e analicen os riscos xerais e específicos da súa actividade. Esta foi impartida por técnicos da empresa Preveplan.

Trátase dunha formación moi importante xa que o obradoiro desde o inicio está velando pola seguridade e pola prevención de riscos laborais. Así mesmo cumprindo coas obrigas de vixiancia todos os integrantes do obradoiro realizaron os recoñecementos médicos.

Accesibilidade