Buscar...

Ruta Arqueoloxica 6

CABEZA DE SAN PEDRO (MONTE ACIBAL, SAN PEDRO DE REBÓN)

Peza descuberta no ano 1962 polo profesor Carlos Paratcha Vázquez.

Que é a cabeza de San Pedro?

Debuxo de Carlos Paratcha. Fondos Aqueolóxicos. Museo de Pontevedra

Trátase dunha pedra de granito cun rostro esculpido na parte superior esquerda da pedra en alto relevo de trazos simples.
As dimensións da laxe son de 80 centímetros de altura por 74 centímetros de ancho na base.
O rostro mira cara o Leste. A parte traseira é plana e non ten gravados ou non se conservan. Ten unha pequena cruz gravada na parte inferior dianteira.
Existen moitas hipóteses sobre a cronoloxía, adscrición cultural ou funcionalidade da “cabeza”.
Hai autores que consideran que se trata dun menhir megalítico realizado entre o 3.500 e o 2.000 a.C., outra interpretación outórgalle a mesma cronoloxía, pero diferente tipoloxía xa que o consideran unha “lousa antropomórfica” pola representación que remata a peza no extremo superior esquerdo. En base a esa representación existe outra visión que a vincula coa II Idade do Ferro, alá polo século IV a.C., sendo pois unha representación dunha “cabeza cortada”.
En calquera destes casos, á súa funcionalidade vincúlase cun elemento protector e/ou delimitador dun territorio cunha carga simbólica importante, algo que perviviu ata épocas posteriores cando se marca a cruz, que indica o límite entre as parroquias de Amil e Rebón.

Accesibilidade