D. CELSO COUSO GARCIA ALCALDE EN FUNCIONS DO CONCELLO DE MORAÑA
FAI SABER QUE
A CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMÓNS. PÚBLICAS E XUSTIZA publica a subvencións para potenciar o desenvolvemento do sector empresarial da sociedade da información
Obxecto: convocatoria de subvencións para potenciar o desenvolvemento do sector empresarial da sociedade da información. Son actuacións subvencionables:
a) Desenvolvementos TIC:
a.1) Desenvolvementos centrados en áreas tecnolóxicas: Converxencia e accesibilidade IP; Mobilidade, localización e GIS; Avance na TDT; Eficiencia enerxética; Fogar dixital; Tecnoloxías RFID, transporte e sector marítimo.
a.2) Desenvolvementos centrados no cidadán: Servizos sociais e sanitarios; Educación; Outros ámbitos de servizos electrónicos de interese xeral, non necesariamente vinculados á Administración.
Beneficiarios: as empresas privadas, con personalidade xurídica validamente constituídas no momento de presentación das solicitudes, que realicen actividades con ánimo de lucro, así como os empresarios individuais, que teñan a súa sede social ou algún centro de EN Galicia, que reúnan os requisitos establecidos.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 29/04/2011
Para mais información pódese acudir ó Concello de Moraña ou chamar por teléfono o número 986 55 30 05
Moraña, 29 de marzo de 2011.
O Alcalde en funcions
CELSO COUSO GARCIA
Síguenos nas Redes Sociais