O vindeiro venres 10 e sábado 11 de Xullo, teremos no Multiusos de Moraña a partir das 21:00 horas a presentación teatral “Soa”, de Rogelia dos Outeiros.
Trátase da primeira incursión da veterana intérprete nunha producción teatral en solitario. En “Soa”, Rogelia leva á escena unha adaptación de La Donna Sola, popular monólogo publicado en 1977 por Dario Fo, o intérprete, autor e director italiano Premio Nobel de Literatura en 1997. O actor, clown e director Fran Rei foi o encargado da dirección do espectáculo.
É imprescindible recoller a entrada gratuíta na Casa da Cultura con anterioridade. É obrigatorio uso de mascarilla.
Síguenos nas Redes Sociais